lunes, 4 de mayo de 2020

TAREFA PARA 3º DE PRIMARIA

Ola nenas e nenos, antes de nada espero que estedes ben e que, a pesar de que xa é moito tempo, non decaigan os ánimos. Aquí vos deixo unha actividade de repaso da Unidade Didáctica Os Saltos. Xa o traballamos de maneira práctica nas clases de Educación Física, e demostráchedes as grandes habilidades que tendes, agora vámolo ver dende un punto de vista teórico. Primeiro tedes que ler o tema e despois debedes facer os exercicios que aparecen ao final para facermos chegar ao seguinte correo: aliprofe3@gmail.com Non tedes que facer fotocopias, podedes contestar nun folio, poñendo o nome do alumno/a e o número da pregunta, non é necesario que copiedes os enunciados. As tarefas que fagades e me enviedes, serviranvos para subir a nota de cara a cualificación final, nunca a baixarán, así que, anímate, agardo as túas respostas. Tendes ata o próximo mércores para realizar a tarefa. Se atopades dificultades escribídeme ao correo.
Clica na foto para acceder aos contidos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario