Ola de novo, aquí tedes a seguinte tarefa. Trátase dunha actividade de percusión corporal, coordinación e ritmo. Tedes que ver o vídeo, practicar e cando o consigades facer, enviádesme unha gravación ao correo aliprofe3@gmail.com, se por calquera motivo non o podedes levar a cabo facédemo saber. Tendes de prazo ata o mércores 27 de maio.Un saúdo
VIDEO
MÚSICA
lunes, 18 de mayo de 2020
martes, 12 de mayo de 2020
ALUMNADO DE 5º e 6º. VOLEI
27 de Maio de 2020
Ola a tod@s.
Esta é a última actualización desta entrada, na que estivemos "practicando" volei. Déixovos dous enlaces a unhas actividades nas que demostrar os coñecementos que tedes adquiridos. Deberían funcionar sen problemas con calquer navegador.
Con estas dúas actividades rematamos a Unidade Didactica adicada ao volei.
Fai click nas imaxes para acceder.
Ola de novo, chic@s.
Nesta actualización da entrada, déixovos uns enlaces a unha páxina da Federación Española de Volei adicada a unha adaptación do volei para os máis pequenos. Hai dous enlaces, un leva a unhas animacións (vos pedirá seguramente activar o adobe flash, tedes que darlle a Permitir) e a uns videos cos xestos técnicos deste deporte (están na columna da dereita). O segundo enlace vos leva a uns videos con varias actividades de entreno e de xogo (tamén na columna da dereita).
Fai clic nas imaxes para acceder.
Tamén vos deixo tres enlaces para unhas actividades interactivas. Unha delas é unha actividade LIM (pódevos pedir que activedes o adobe flash; dádelle a Permitir). As outras dúas deberían funcionar sen problemas.
Picade nas imaxes para acceder ás actividades.
O mércores 27 de maio haberá unha nova actualización desta entrada.
13 de Maio de 2020
Ola a tod@s:
Nesta nova entrada, tócanos traballar "virtualmente" a U.D. de VOLEI.
Máis abaixo tedes un enlace a un novo DRIVE no que hai varias carpetas cunha presentación, as normas do xogo e os xestos técnicos.
Póñovos de novo o correo, por se hai necesidade de porse en contacto comigo:
paco.marcosdaportela@gmail.com
O mércores 20 de maio haberá unha actualización desta entrada.
Pica na imaxe para acceder ao DRIVE
lunes, 4 de mayo de 2020
TAREFA PARA 3º DE PRIMARIA
Ola nenas e nenos, antes de nada espero que estedes ben e que, a pesar de que xa é moito tempo, non decaigan os ánimos.
Aquí vos deixo unha actividade de repaso da Unidade Didáctica Os Saltos. Xa o traballamos de maneira práctica nas clases de Educación Física, e demostráchedes as grandes habilidades que tendes, agora vámolo ver dende un punto de vista teórico.
Primeiro tedes que ler o tema e despois debedes facer os exercicios que aparecen ao final para facermos chegar ao seguinte correo:
aliprofe3@gmail.com
Non tedes que facer fotocopias, podedes contestar nun folio, poñendo o nome do alumno/a e o número da pregunta, non é necesario que copiedes os enunciados.
As tarefas que fagades e me enviedes, serviranvos para subir a nota de cara a cualificación final, nunca a baixarán, así que, anímate, agardo as túas respostas. Tendes ata o próximo mércores para realizar a tarefa. Se atopades dificultades escribídeme ao correo.
Clica na foto para acceder aos contidos:
Clica na foto para acceder aos contidos:
TAREFA PARA 4º DE PRIMARIA
Ola nenas e nenos, antes de nada espero que estedes ben e que, a pesar de que xa é moito tempo, non decaigan os ánimos.
Aquí vos deixo unha actividade de repaso da Unidade Didáctica O Floorball. Xa o traballamos de maneira práctica nas clases de Educación Física e demóstráchedes o boas e bos que sodes co stick, agora vámolo ver dende un punto de vista teórico.
Primeiro tedes que ler o tema e despois debedes facer os exercicios que aparecen ao final para facermoS chegar ao seguinte correo:
aliprofe3@gmail.com
Non tedes que facer fotocopias, podedes contestar nun folio, poñendo o nome do alumno/a e o número da pregunta, non é necesario que copiedes os enunciados.
As tarefas que fagades e me enviedes, serviranvos para subir a nota de cara a cualificación final, nunca a baixarán, así que, anímate, agardo as túas respostas. Tendes ata o próximo mércores para realizar a tarefa. Se atopades dificultades escribídeme ao correo.
Clica na foto para acceder aos contidos:
Clica na foto para acceder aos contidos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)