viernes, 1 de julio de 2022

O DEPORTE NAS NOSAS VIDAS

 
Aquí podedes ver algunhas fotos de todas as actividades deportivas e xogos realizadas ao longo do curso 2021/22.

Nos vos esquezades de seguir practicando deporte e actividade física nas vacacións.

Bo verán!


jueves, 20 de mayo de 2021

 ATLETISMO CON XOGADE

O mércores 5 de maio, o alumnado de 4º de primaria, tivemos a sorte de participar nunha actividade de Atletismo con Xogade. Viñeron 4 monitores que nos ensinaron moitísimo, ademais de facernos pasar unha hora moi divertida.

Agardamos poder repetir!!

GALERÍA (fotos e vídeos) 


 

lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFA DE ED. FÍSICA PARA 3º E 4º

Ola de novo, aquí tedes a seguinte tarefa. Trátase dunha actividade de percusión corporal, coordinación e ritmo. Tedes que ver o vídeo, practicar e cando o consigades facer, enviádesme unha gravación ao correo aliprofe3@gmail.com, se por calquera motivo non o podedes levar a cabo facédemo saber. Tendes de prazo ata o mércores 27 de maio.Un saúdo
 VIDEO
MÚSICA

martes, 12 de mayo de 2020

ALUMNADO DE 5º e 6º. VOLEI


27 de Maio de 2020

Ola a tod@s.

Esta é a última actualización desta entrada, na que estivemos "practicando" volei. Déixovos dous enlaces a unhas actividades nas que demostrar os coñecementos que tedes adquiridos. Deberían funcionar sen problemas con calquer navegador.

Con estas dúas actividades rematamos a Unidade Didactica adicada ao volei. 

Fai click nas imaxes para acceder.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5459638-pasapalabra_voleibol.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/c-1101946-1-el_voleibol.html


20 de Maio de 2020

Ola de novo, chic@s.

Nesta actualización da entrada, déixovos uns enlaces a unha páxina da Federación Española de Volei adicada a unha adaptación do volei para os máis pequenos. Hai dous enlaces, un leva a unhas animacións (vos pedirá seguramente activar o adobe flash, tedes que darlle a Permitir) e a uns videos cos xestos técnicos deste deporte (están na columna da dereita). O segundo enlace vos leva a uns videos con varias actividades de entreno e de xogo (tamén na columna da dereita).

                                                Fai clic nas imaxes para acceder.

http://www.pequevoley.com/videos/http://www.pequevoley.com/gestos.php                              

                                                                           

Tamén vos deixo tres enlaces para unhas actividades interactivas. Unha delas é unha actividade LIM (pódevos pedir que activedes o adobe flash; dádelle a Permitir). As outras dúas deberían funcionar sen problemas. 

Picade nas imaxes para acceder ás actividades.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/11005548/helvia/aula/archivos/repositorio/0/31/html/index.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5391518-voleibol.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5391250-el_voleibol.html

O mércores 27 de maio haberá unha nova actualización desta entrada.


13 de Maio de 2020

Ola a tod@s:

Nesta nova entrada, tócanos traballar "virtualmente" a U.D. de VOLEI.

Máis abaixo tedes un enlace a un novo DRIVE no que hai varias carpetas cunha presentación, as normas do xogo e os xestos técnicos.

Póñovos de novo o correo, por se hai necesidade de porse en contacto comigo:

paco.marcosdaportela@gmail.com

O mércores 20 de maio haberá unha actualización desta entrada.

Pica na imaxe para acceder ao DRIVE

https://drive.google.com/drive/folders/1F4TsB3YmRjOoNQ_PCKLM7xrsUI1zlunr?usp=sharing

lunes, 4 de mayo de 2020

TAREFA PARA 3º DE PRIMARIA

Ola nenas e nenos, antes de nada espero que estedes ben e que, a pesar de que xa é moito tempo, non decaigan os ánimos. Aquí vos deixo unha actividade de repaso da Unidade Didáctica Os Saltos. Xa o traballamos de maneira práctica nas clases de Educación Física, e demostráchedes as grandes habilidades que tendes, agora vámolo ver dende un punto de vista teórico. Primeiro tedes que ler o tema e despois debedes facer os exercicios que aparecen ao final para facermos chegar ao seguinte correo: aliprofe3@gmail.com Non tedes que facer fotocopias, podedes contestar nun folio, poñendo o nome do alumno/a e o número da pregunta, non é necesario que copiedes os enunciados. As tarefas que fagades e me enviedes, serviranvos para subir a nota de cara a cualificación final, nunca a baixarán, así que, anímate, agardo as túas respostas. Tendes ata o próximo mércores para realizar a tarefa. Se atopades dificultades escribídeme ao correo.
Clica na foto para acceder aos contidos:

TAREFA PARA 4º DE PRIMARIA

Ola nenas e nenos, antes de nada espero que estedes ben e que, a pesar de que xa é moito tempo, non decaigan os ánimos. Aquí vos deixo unha actividade de repaso da Unidade Didáctica O Floorball. Xa o traballamos de maneira práctica nas clases de Educación Física e demóstráchedes o boas e bos que sodes co stick, agora vámolo ver dende un punto de vista teórico. Primeiro tedes que ler o tema e despois debedes facer os exercicios que aparecen ao final para facermoS chegar ao seguinte correo: aliprofe3@gmail.com Non tedes que facer fotocopias, podedes contestar nun folio, poñendo o nome do alumno/a e o número da pregunta, non é necesario que copiedes os enunciados. As tarefas que fagades e me enviedes, serviranvos para subir a nota de cara a cualificación final, nunca a baixarán, así que, anímate, agardo as túas respostas. Tendes ata o próximo mércores para realizar a tarefa. Se atopades dificultades escribídeme ao correo.
 Clica na foto para acceder aos contidos:

domingo, 19 de abril de 2020

ALUMNADO DE 5º e 6º. BADMINTON

6 de MAIO de 2020

Ola chic@s.

Esta é a última actualización desta entrada na que estivemos "practicando" Badminton. Déixovos uns enlaces para facer catro actividades interactivas. Deberían funcionar sen problemas con calquer navegador (Mozilla,Chrome..).

O Mércores 13 de Maio farei unha nova entrada adicada ao seguinte deporte desta avaliación: Volei

Picade nos volantes para acceder a elas.

https://www.educaplay.com/learning-resources/4653116-badminton.html

https://www.educaplay.com/learning-resources/5349876-tipos_de_golpes_en_badminton.html

https://www.educaplay.com/learning-resources/4431775-badminton.html

https://www.educaplay.com/learning-resources/4431785-badminton_1.html
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 

29 de ABRIL de 2020

Ola, de novo.

Está o DRIVE actualizado cunha nova carpeta, adicada a CAROLINA MARÍN. O enlace segue estando no volante.

Déixovos uns enlaces para facer unhas actividades interactivas. Dúas son actividades LIM. Dependendo do Sistema Operativo e/ou do Navegador (Mozilla, Chrome...) pódevos saír un aviso de "Activar Adobe Flash". TEDES QUE DARLLE A PERMITIR. Coas outras dúas actividades non debería haber problemas.

O MÉRCORES, 6 DE MAIO, teredes unha nova actualización. Picade nas imaxes para acceder ás actividades.
                          
                                                             
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1426253683/contido/badminton.htmlhttp://chiscos.net/almacen/lim/baddefintivo/baddefintivo.html

                                            
https://www.educaplay.com/learning-resources/3445801-conociendo_el_badminton.html
                              
https://www.educaplay.com/learning-resources/5176170-pasapalabra_badminton.html
         
        
19 de ABRIL de 2020

Ola a tod@s. 

Como sabedes, para estas próximas catro semanas tiñamos que traballar unha U.D. de BADMINTON. Non vai ser posible facelo presencialmente, de momento, así que toca traballar a parte teórica, á espera de que a situación cambie e podamos facelo como máis nos gusta: na PISTA. 

Déixovos un enlace a un DRIVE no que hai unha carpeta con dúas presentacións, unha segunda coas reglas básicas e a terceira con videos sobre os xestos técnicos. Irei ampliando ese DRIVE e esta entrada do blogue con novas informacións. 

Tamén vos deixo un correo por se alguén necesita e/ou quere poñerse en contacto comigo:

paco.marcosdaportela@gmail.com 

Fai clic na imaxe para acceder ao DRIVE
https://drive.google.com/open?id=12hiIKEdw9LAGCYY6hPaThQvWQa0ofIQU

O mércores 29 de abril, farei una actualización do DRIVE. Este blogue e o correo que vos deixei máis arriba serán as canles preferentes para manternos comunicados.

ÁNIMO, QUE XA FALTOU MÁIS!!!